• 01/10/2013

Axudas para o sector hoteleiro

-

Puxéronse en marcha o Programa de Rehabilitación Enerxética de Edificios do Sector Residencial (uso vivenda e hoteleiro)  e o Plan de Impulso ao Medio Ambiente no Sector Hoteleiro, PIMA SOL.

Os obxectivos do  Programa de Rehabilitación Enerxética de Edificios do Sector Residencial son: promover a realización de medidas de aforro e eficiencia enerxética sobre a envolvente, as instalacións térmicas e de iluminación dos edificios existentes de uso residencial (de uso hoteleiro e de uso vivenda), e a incorporación de enerxías renovables (biomasa e xeotermia, principalmente). 

Programa Pareer

Á súa vez, o Plan de Impulso ao Medio Ambiente no Sector Hoteleiro complementa ao Programa anterior pretendendo reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes de sectores difusos; promover unha iniciativa que axude na mellora enerxética e ambiental no sector hoteleiro, que ademais contribúa a facelo máis competitivo e de maior calidade; regular a adquisición de créditos de carbono polas emisións de CO2 reducidas mediante investimentos para a rehabilitación enerxética das súas instalacións; facilitar o financiamento de investimentos en rehabilitación enerxética das instalacións hoteleiras por parte do Banco Europeo de Investimentos e de institucións financeiras españolas; e  crear emprego e actividade económica estimulando as actuacións de rehabilitación enerxética de instalacións hoteleiras.

Pimasol