Puxéronse en marcha o Programa de Rehabilitación Enerxética de Edificios do Sector Residencial (uso vivenda e hoteleiro) e o Plan de Impulso ao Medio Ambiente no Sector Hoteleiro, PIMA SOL.
Programa Pareer
Os obxectivos do Programa de Rehabilitación Enerxética de Edificios do Sector Residencial son:
- promover a realización de medidas de aforro e eficiencia enerxética sobre a envolvente, as instalacións térmicas e de iluminación dos edificios existentes de uso residencial (de uso hoteleiro e de uso vivenda), e a incorporación de enerxías renovables (biomasa e xeotermia, principalmente).
- á súa vez, o Plan de Impulso ao Medio Ambiente no Sector Hoteleiro complementa ao Programa anterior pretendendo reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes de sectores difusos.
- promover unha iniciativa que axude na mellora enerxética e ambiental no sector hoteleiro, que ademais contribúa a facelo máis competitivo e de maior calidade.
- regular a adquisición de créditos de carbono polas emisións de Co2 reducidas mediante investimentos para a rehabilitación enerxética das súas instalacións.
- facilitar o financiamento de investimentos en rehabilitación enerxética das instalacións hoteleiras por parte do Banco Europeo de Investimentos e de institucións financeiras españolas.
- crear emprego e actividade económica estimulando as actuacións de rehabilitación enerxética de instalacións hoteleiras.