O Portal Oficial de Turismo de España permite a comercialización en liña de todo o que o turista necesita na súa viaxe, desde o transporte e o aloxamento, ata as experiencias turísticas, facilitando, desta forma, a reserva da súa viaxe a España.
Con esta iniciativa dáse resposta a un dos obxectivos do Plan Nacional e Integral de Turismo (PNIT) 2012-2015 relativo ás redes de axencias de xestión de experiencias, ofrecendo ao turista novos produtos asociados a experiencias.
Para iso, foi fundamental pór en marcha un modelo de colaboración público-privada, para o que se contou coas asociacións profesionais (axencias de viaxes, aloxamentos turísticos, restaurantes, etc.), cos diferentes clubs de produto turísticos e dos principais destinos turísticos de España, todos eles verdadeiros protagonistas desta iniciativa.
Este axentes, xunto cos empresarios e emprendedores do sector, terán a oportunidade de conformar novos produtos e servizos turísticos, cun enfoque máis experiencial e maior valor engadido, adaptándose ás demandas cada vez máis esixentes do novo turista dixital.
Promoción do turismo experiencial
Esta iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo, posta en marcha por Turespaña e SEGITTUR, permite a creación, promoción e comercialización de experiencias turísticas en España, que á súa vez:
Os turistas que visitan España poden acceder ao Portal Oficial de Turismo de España e reservar experiencias turísticas no noso país, realizándose sempre a transacción co provedor do servizo. Este é un dos obxectivos principais da nova versión do portal, que dá resposta ás necesidades do novo turista.
As experiencias están clasificadas por comunidade autónoma , rango de datas e nove categorías turísticas baseadas no Plan de Mercadotecnia de Turespaña: circuítos e visitas, cultura e tradicións, natureza, deporte e aventura, gastronomía, saúde e beleza, compras, parque de lecer e España Premium.
Grazas polos teus comentarios.