• 16/04/2013

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Turespaña, asina un convenio coa Confederación Española de Asociacións de Clubs Náuticos

-
  • Desenvolveranse actividades de promoción en diversos mercados europeos.
  • As centrais de reservas dos clubs uniranse á central de reservas de www.spain.info.
  • Organizaranse accións de mercadotecnia con axentes de viaxes, medios de comunicación e público final.

16.04.2013. A secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Borrego Cortés asinou hoxe, como presidenta do Instituto de Turismo de España (Turespaña),  un convenio co presidente da Confederación Española de Asociacións de Clubs Náuticos (CEACNA), José Miguel Jaubert Lorenzo, que permitirá o desenvolvemento, durante este ano, de accións conxuntas de mercadotecnia do produto turístico náutico. Convenio clubes naúticos

Estas accións concrétanse en investigacións de mercados, no intercambio de contidos e material informativo, así como en traballos con axentes de viaxes, medios de comunicación e consumidor final, especialmente en Europa.

A Confederación Española de Asociacións de Clubs Náuticos terá acceso aos estudos realizados por Turespaña e dispoñibles de forma restrinxida na web www.tourspain.es , mentres que CEACNA facilitará ao Instituto de Turismo de España as investigacións de mercado que realice para depositalas no Centro de Documentación Turística de España, dependente do Instituto de Estudos Turísticos, para que poidan ser consultadas por expertos ou estudantes de Turismo.

Intercambios de contidos

Os Clubs Náuticos e Turespaña intercambiaranse información nos seus respectivos portais de internet. O portal de promoción turística de Turespaña www.spain.info ofrecerá ao gran público, en diversos idiomas, sobre a oferta destas instalacións náuticas e tamén porá a disposición da Confederación os contidos relativos á náutica incluídos no sistema de información de Turespaña.

Por outra banda, a Confederación cederá a Turespaña o seu arquivo fotográfico, que será utilizado na promoción internacional a través das Oficinas Españolas de Turismo no estranxeiro. Ambas as institucións acordarán realizar conxuntamente accións de promoción nas redes sociais.

Canto ás actividades de mercadotecnia, haberá accións con axentes de viaxes, viaxes de familiarización e de prensa, así como asistencia a feiras dirixidas ao público final, presenza en redes sociais, organización de eventos náuticos-deportivos, etc.