- 13/11/2012
Liña ICO Emprendetur Empresas 2012
Emprendetur Empresas 2012: liña do Instituto de Crédito Oficial para empresas turísticas.
Esta liña de crédito de 266 millóns de euros será financiada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, con cargo aos orzamentos da Secretaría de Estado de Turismo, e xestionada polo Instituto de Crédito Oficial (ICO), que o incluirá na súa liña ICO-Investimento 2012.
O obxectivo principal desta medida, incluída no Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-2015, é crear un estímulo ao investimento no sector, apoiando ás empresas e autónomos turísticos no actual marco de restrición financeira, así como a progresiva renovación das infraestruturas turísticas do noso país e a mellora da competitividade da oferta.
Poderán ser considerados clientes desta liña de préstamos ICO aquelas empresas, establecementos ou traballadores autónomos que desenvolvan a súa actividade dentro do sector turístico −aloxamentos, restauración, axencias de viaxe, empresas de intermediación, e demais servizos que complementan a oferta turística básica de cada destino turístico e cuxa prestación estea directamente orientada ao consumo polos turistas, incluíndo tamén entre elas a museos, balnearios e estacións termais, parques temáticos, de atraccións, acuáticos e infantís, etc.−. A oferta non regulada está excluída deste tramo.
O importe máximo dos préstamos establécese en 10 millóns de euros por cada cliente e ano, a amortizar en 3, 5, 7, ou 10 anos con período de carencia.
A apertura da comercialización ao público do Tramo de Financiamento e a relación de entidades colaboradoras pode consultarse a través do seguinte enlace: Liña ICO Emprendetur Empresas