- 03/05/2018
Apertura prazo inscrición/renovación lista indicativa axencias de viaxe da CE para recepción de grupos de turistas chineses (maio 2018)
A Secretaría de Estado de Turismo de España abre o prazo de inscrición/renovación da lita indicativa de axencias de viaxes da Comunidade Europea para a recepción de grupos de turistas chineses.
Todas as axencias de viaxe establecidas en España que estean interesadas en figurar na lista indicativa de axencias de viaxes da Unión Europea para a recepción de grupos de turistas chineses, deberán comunicalo á Secretaría de Estado de Turismo, a través de:
Subdirección Xeral de Cooperación e Competitividade Turística
C/ Poeta Joan Maragall, 41 (28020 – Madrid)
Teléfono 91.732.64.71 Fax 91.732.64.74
Correo electrónico: sgcooperacionturistica@minetad.es
Prazo de inscrición: Do 7 ao 31 de maio de 2018.
Todas as solicitudes, unha vez revisadas, serán enviadas ao departamento competente, da Comunidade Autónoma correspondente, para que se proceda á verificación dos datos achegados.