• 25/03/2015

Convocatoria premios EDEN 2015

-

Logo Comisión Europea- EDEN

Un ano máis, España participa a través da Secretaría de Estado de Turismo, no Proxecto EDEN ( “European Destinations of Excelence” –Destinos Europeos de Excelencia) da Comisión Europea, que en 2015 alcanzará a súa sétima edición.

O obxectivo do Proxecto EDEN é atraer a atención sobre o valor e a diversidade dos destinos europeos, e dar a coñecer aqueles destinos emerxentes nos que se están desenvolvendo iniciativas de turismo sustentable.

Cada país participante, elixe en cada convocatoria a un destino EDEN, que pasa a formar parte da “Rede de destinos EDEN”. Esta rede permite o intercambio de boas prácticas entre os destinos e accións de promoción e mercadotecnia internacional.

Na actualidade, forman parte da rede 119 destinos de 26 países diferentes. Máis información sobre a rede no seguinte enlace: rede EDEN

Na presente edición, o obxectivo é contribuír a realzar a visibilidade daqueles destinos turísticos europeos emerxentes que desenvolvesen iniciativas novas da súa oferta turística baseadas na especificidade da gastronomía local. Os candidatos terán que ser destinos que ofrezan experiencias turísticas auténticas e desenvolvan unha xestión social, cultural e ambiental sustentable.

O proceso de selección consta con dúas fases. Nunha primeira fase, as CCAA elixirán de entre todas as candidaturas recibidas a un destino que presentarán á Secretaría de Estado de Turismo. Nunha segunda fase, a Secretaría de Estado de Turismo elixirá un “gañador” e 4 finalistas.

O destino “gañador” recibirá o galardón nunha cerimonia que se celebrará entre Xuño e Agosto de 2015, e pasará a formar parte da Rede EDEN.

Para solicitar as bases da convocatoria e para calquera dúbida ou aclaración, dirixa un e-mail a sgcooperacion@tourspain.es.