- 30/03/2021
Aberta a edición ordinaria 2021 dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos
A Conferencia Sectorial de Turismo do 30 de marzo de 2021 aprobou a convocatoria da segunda edición ordinaria do Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos, o instrumento principal de intervención da Administración turística española. A Secretaría de Estado de Turismo destina 23 millóns de euros a esta edición que, unha vez máis, cofinanciarán as Comunidades Autónomas e entidades locais cuxos proxectos sexan seleccionados.
O obxectivo do programa é avanzar cara á transformación dos destinos turísticos cara a un modelo baseado na sustentabilidade ambiental, socioeconómica e territorial. Esta edición ordinaria de Plans de 2021 diríxese a tres categorías de destinos: sol e praia; urbanos de máis de 20.000 habitantes e rurais e/ou en espazos naturais protexidos (municipios de menos de 20.000 habitantes ou comarcas con menos de 70.000 habitantes).
A entidade beneficiaria e responsable da execución do plan en todas as súas fases deberá ser unha entidad local de entre as previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local:
- O municipio
- A provincia
- A illa nos arquipélagos balear e canario
- As comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios, instituidas polas Comunidades Autónomas de conformidade con esta lei e os correspondentes Estatutos de Autonomía
- As áreas metropolitanas
- As mancomunidades de municipios
A proposta presentarase telematicamente ante a Comunidade Autónoma na que estea situado o destino solicitante na forma establecida por esta.
Prazo de presentación de propostas: Do 5 de abril ao 14 de maio, ambos inclusive.
As Comunidades Autónomas remitirán á Secretaría de Estado de Turismo todas as solicitudes recibidas, que analizarán e valorarán as dúas administracións.
As propostas de Plans deberán incluír:
- Datos básicos do solicitante
- Memoria económica relativa ao custo e o financiamento
- Memoria técnica do plan
- Anexos
Terán que remitirse cubrindo o Anexo II da convocatoria
Faqs sobre o Programa [PDF] [1.2 MB]