• 13/06/2013

Viaxe de xornalistas alemáns de turismo a Barcelona

-

O grupo percorrerá a natureza activa da provincia catalá

14.06.2013. Turespaña organiza, a través da Oficina española de Turismo en Múnic, en colaboración coa Deputación de Barcelona, unha viaxe de prensa a distintos recursos turísticos da provincia baixo o nome “Natureza Activa, Barcelona é moito máis”.

A viaxe comeza o sábado 15 de xuño polo Delta de Llobregat, onde hai unha rede de espazos naturais que pertencen aos municipios do Prat de Llobregat, Viladecans, Gavà e Sant Boi de Llobregat. Pola tarde o grupo de xornalistas xermanos percorrerá o paseo marítimo de Sitges e o casco antigo cara ao porto de Aiguadolç.

Durante as dúas xornadas restantes, os xornalistas visitarán o Parque Natural do Montseny e un horto ecolóxico en Manlleu, así como o parque natural do Cadí-Moixeró, o de maior extensión da comunidade autónoma, con 41.342 hectáreas. Así mesmo haberá unha visita cultural á igrexa prerrománica de Sant Quirze de Pederet, en Cercs –Berga e á gótica ponte de Pedret, de finais do século XIII.

O último día, os alemáns percorrerán o Parador de Turismo Castelo de Cardona, para concluír nas minas de sal desta localidade.Parque Natural Delta del Ebro